Promoción económica, industria e emprego

  • Ampliación do solo industrial coa urbanización do Polígono San Martiño II.
  • Xestións para captar novas empresas que creen postos de traballo e riqueza.
  • Apoio municipal aos negocios de nova implantación que xeren emprego.
  • Mantemento do servizo do Axente Local de Emprego.
  • Posta en marcha dun Programa de Emprego propio do Concello de Oroso.
  • Creación do portal EmpregaOroso para divulgar as ofertas de traballo existentes no municipio e calquera outra información ou axudas relacionadas coa empregabilidade e o emprendemento.
  • Creación dunha aplicación con información sobre o comercio e a hostalaría.
  • Celebración de iniciativas de dinamización comercial como o “Día do Comercio”, “Noite de compras”, Feira de Oportunidades, etc.
  • Organización de actividades formativas específicas para os sectores da hostalaría e o comercio.
  • Solicitar á Xunta de Galicia e ao Goberno central máis iniciativas e axudas que favorezan a contratación de mozos/as e persoas desempregadas de longa duración.