Sanidade
- Reclamar á Consellería de Sanidade a apertura do Centro de Saúde polas tardes e a dotación de máis persoal (traballador/a social, psiquiatra…).
- Darlle continuidade ás exitosas Xornadas da Saúde de Oroso ampliando as actividades e probas a novas especialidades: fisioterapia, saúde mental, etc.
- Potenciar a iniciativa “Oroso, de corazón” para fomentar hábitos de vida saudables e consolidarse como un concello cardioprotexido.
- Incrementar a programación de actividades saudables para as persoas maiores: andainas, charlas informativas, “días saudables”, etc.