Infraestruturas, servizos e xestión pública

  • Reivindicar a eliminación da peaxe da autoestrada AP-9.
  • Xestionar co Goberno central a construción da variante de Sigüeiro para reducir o tráfico rodado na travesía urbana, especialmente dos vehículos pesados.
  • Construción dunha nova Casa do Concello para unificar todos os servizos municipais nun edificio, mellorando a atención á veciñanza e eliminando os gastos en alugueiros.
  • Construción dunha nave de servizos para albergar o parque móbil, a maquinaria e o equipamento do concello.
  • Construción cun parque infantil cuberto no centro de Sigüeiro.
  • Habilitación dun espazo como club social municipal.
  • Actualización da normativa das terrazas.
  • Ampliación do local social do Cachopal.