Turismo
- Aproveitamento da Vía Verde e do Camiño Inglés para potenciar o turismo como un eixo estratéxico da economía local.
- Habilitación dun novo espazo de información turística fronte á piscina.
- Deseño e divulgación dunha Ruta dos Muíños.
- Posta en valor e promoción das áreas recreativas do municipio.
- Iniciar as xestións para conseguir a declaración da Festa da Troita como Festa de Interese Turístico Nacional.
- Recuperación e impulso da Festa da Matanza.
- Limpeza e adecentamento da Mina das Grobias.
- Rehabilitación do antigo almacén da Estación de Oroso (Vilacide) para a súa conversión nun centro polivalente con usos turísticos, museísticos e socioculturais.