Mocidade

  • Reforzo do apoio aos colectivos e entidades xuvenís.
  • Mellora dos recursos e do equipamento da exitosa “sala intelixente” da biblioteca para aproveitar o seu funcionamento 24/7/365.
  • Coordinación de actividades que favorezan a convivencia da mocidade: intercambios, viaxes, asistencia a concertos, etc.
  • Organización de charlas informativas para favorecer o acceso da mocidade ao mercado laboral.
  • Medidas de apoio para facilitar o acceso da mocidade á súa primeira vivenda.
  • Servizo de información e asesoramento sobre a sexualidade.
  • Programa de prácticas xuvenís no Concello de Oroso.