Medio ambiente e limpeza

  • Reivindicar ante a Xunta de Galicia os investimentos necesarios para mellorar o funcionamento da ETAP e da EDAR.
  • Implantación da recollida selectiva da quinta fracción, tamén denominada contedor marrón.
  • Renovación dos contedores existentes e ampliación do número de illas aproveitando a licitación da xestión dos residuos.
  • Iniciar de forma progresiva a implantación de contedores de recollida de aceite no rural.
  • Incremento da frecuencia no servizo de recollida de cartón.
  • Creación dunha horta urbana en Sigüeiro.
  • Instar á Xunta de Galicia a limpar o cauce e as beiras dos ríos.
  • Recuperación e posta en valor das sendas fluviais: de Porto Avieira a Sigüeiro e tamén en Vilacide.
  • Iniciativas de información á veciñanza sobre as vantaxes das placas solares e instalación das mesmas nalgún edificio público.
  • Renovación da iluminación pública con tecnoloxía LED de última xeración, máis eficiente e con maior aforro enerxético.
  • Promover a instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos.
  • Organización de xornadas formativas e de campañas e programas de concienciación sobre boas prácticas relacionadas co coidado do medio ambiente: reciclaxe no punto de orixe, redución do lixo na vía pública, entrega de estoxos de bolsas para a recollida dos excrementos dos cans, etc.
  • Innovador programa de bonos para o coidado de mascotas.