Deporte

  • Construción dun Centro Deportivo Multiusos na parcela situada fronte ao CEIP do Camiño Inglés.
  • Climatización da piscina municipal, arranxo dos vestiarios e creación dun ximnasio.
  • Construción dunha pista de tenis.
  • Remate do acondicionamento da pista deportiva de Porto Avieira e inclusión dun parque de calistenia.
  • Arranxo dos vestiarios no campo de fútbol de Deixebre.
  • Renovación do céspede do campo de fútbol “Lino Balado”.
  • Plan de coidado, mantemento e mellora das infraestruturas deportivas existentes: novo marcador no campo de fútbol de Sigüeiro, almacén no campo de fútbol de Oroso, vestiarios para a zona de béisbol e hípica, arranxo das pistas deportivas das escolas unitarias e das canchas de uso público, etc.
  • Ampliación dos horarios e actividades das escolas deportivas e da programación para persoas adultas.
  • Reforzo do apoio á celebración de eventos de todas as disciplinas deportivas no noso concello.
  • Continuar organizando anualmente a Gala do Deporte como evento representativo da puxanza do deporte orosán.
  • Impulsar a promoción da Carreira Pedestre e promover a celebración de novas probas atléticas: unha San Silvestre solidaria o 31 de decembro, unha nocturna polo Camiño Inglés ou a Vía Verde…
  • Celebración de Mini-Olimpíadas no verán.
  • Recuperación do Torneo Internacional de Fútbol Concello de Oroso.
  • Instauración da Ruta Ciclista “Coñece as túas parroquias”.