Ensino
- Reivindicar ante a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a mellora integral e urxente do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro.
- Solicitar á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que o CEIP do Camiño Inglés sexa de dúas liñas.
- Xestionar coa Xunta de Galicia a construción dun patio cuberto no IES de Oroso.
- Plan de mantemento e arranxo das escolas unitarias do rural.
- Xestionar a reforma da Escola Infantil Ulloa para ampliar o número de prazas e dotada de comedor e área de descanso.
- Implantación dun servizo de apoio escolar con clases de reforzo para o alumnado de familias con necesidades especiais.