Cultura
- Potenciar a programación cultural aproveitando as posibilidades do novo auditorio: ciclo de monólogos de humor “HumOroso”, actuacións teatrais, cine en familia, etc.
- Desenvolvemento de novas iniciativas culturais: actuacións musicais na primavera, “Sábados de concerto” no verán, etc.
- Recuperar a celebración da Gala da Cultura de Oroso, interrompida durante a pandemia.
- Apoiar o tecido cultural local mediante convenios e acordos de axudas que lles faciliten o desenvolvemento das súas actividades.
- Adecuación dun espazo para ensaios de grupos musicais e posta á súa disposición.
- Solicitar á Xunta de Galicia a utilización do soto do CEIP do Camiño Inglés para fins culturais dotándoo dun acceso independente ao resto do colexio.
- Manter a colaboración coa organización do festival Psicotroita para seguir potenciándoo como evento cun valor cultural singular.
- Apoiar a celebración das festas populares nas parroquias colaborando coas comisións de festas.
- Organización de actividades culturais interxeracionais que involucren a estudantes dos centros educativos e a persoas maiores.
- Construción dun local multiusos (culturais e sociais) en Oroso a carón do campo de fútbol.