• Ampliación do solo industrial coa urbanización do Polígono San Martiño II e captación de novas empresas para xerar emprego e riqueza.
  • Investimento sen precedentes nas parroquias co programa “O rural, a punto”:
    • Máis de 3 millóns de euros para a mellora da rede viaria (asfaltados e bacheo).
    • Ampliación do ciclo da auga (saneamento e abastecemento) a todas as parroquias.
    • Chegada da fibra óptica a todos os lugares.
    • Plan de podas, desbroces e limpeza de cunetas.
    • Ampliación dos quilómetros de sendas peonís.
  • Renovación da iluminación pública con tecnoloxía LED de última xeración, máis eficiente e con maior aforro enerxético.
  • Construción dun Centro Deportivo Multiusos na parcela situada fronte ao CEIP do Camiño Inglés.
  • Climatización da piscina municipal, arranxo dos vestiarios e creación dun ximnasio.
  • Elaboración dun Plan Integral de Mobilidade para facilitar os desprazamentos internos, favorecer a accesibilidade e mellorar a conectividade con Santiago de Compostela.
  • Proxecto de humanización das rúas do centro de Sigüeiro.
  • Construción cun parque infantil cuberto no centro de Sigüeiro.
  • Construción dunha nova Casa do Concello para unificar todos os servizos municipais nun edificio, mellorando a atención á veciñanza e eliminando os gastos en alugueres.
  • Construción dunha nave de servizos para albergar o parque móbil, a maquinaria e o equipamento municipais.